Ferido un operario ao quedar atrapado nunha máquina industrial en Vilagarcía

Tras ser liberado foi trasladado a un centro sanitario
Una ambulancia del 061. ARCHIVO
photo_camera Unha ambulancia do 061. ARQUIVO

Un operario necesitou asistencia este mércores logo de quedar atrapado por un brazo nunha máquina dunha nave industrial en Vilagarcía de Arousa, situada no lugar de Vilaxoán, informa o 112. 

Para liberar ao traballador, os Bombeiros de Vilagarcía e Ribadumia empregaron o material de excarceración e, unha vez fóra da máquina, o home foi trasladado polos servizos sanitarios

O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente laboral ás catro da tarde, a través dunha persoa particular e, enseguida os xestores puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Tamén dos Bombeiros de Vilagarcía e de Ribadumia, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Policía Local e Nacional.

Comentarios