Dous feridos nun choque entre un turismo e unha furgoneta en Meaño

O accidente rexistrouse na PO-550 en Dena
Furgoneta implicada en el accidente en Meaño. DP
photo_camera Furgoneta implicada no accidente en Meaño. DP

Dúas persoas resultaron feridas este luns nun choque entre un turismo e unha furgoneta en Meaño. O sinistro, unha colisión por alcance, rexistrouse na estrada PO-550 na paroquia de Dena, atendendo á información facilitada pola Policía Local. 

Os feridos son unha muller de 30 anos de iniciais M.L.S.R., que conducía o coche, e un home de 22 (U.M.G.), que ía ao volante da furgoneta. Ambos foron trasladado a un centro hospitalario, ela con dor cervical e lumbar e el con dor cervical e dorsal.