A Festa do Marisco do Grove chega a Ámsterdam

Cada ano a organización escolle unha cidade no estranxeiro para promocionar esta festa de Interese Turístico Nacional

A Festa do Marisco do Grove darase a coñecer este ano cunha presentación internacional en Ámsterdam o día 4 de xullo.

O Concello do Grove organiza anualmente unha presentación do evento a nivel internacional e outra a nivel nacional. Na pasada edición de 2018 as cidades escollidas foron Dublín e Sevilla.

Este tipo de presentacións contan coa axuda económica da Xunta de Galicia a través dunha liña de subvencións para a promoción de festas de interese turísticos.

O apoio para estas presentacións corre a cargo de Turespaña que, neste caso, conta cunha oficina na Haia para colaborar na organización do evento. 

A LVI edición da Festa do Marisco do Grove, declarada de Interese Turístico Nacional, celebrarase entre os días 3 e 13 de outubro. 

Comentarios