O Festival do Imaxinario abrirá o día 24 o prazo para a recepción das obras

Os thrillers, segundo os promotores, "deixarante sen alento", pois se trata de "embriagadores soños de ciencia ficción e terror de alto impacto"
Cartel da edición 2021 do Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa. FACEBOOK
photo_camera Cartel da edición 2021 do Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa. FACEBOOK

A cuadraxésima novena edición de Curtas 2021, o Festival do Imaxinario que se celebra en Vilagarcía, desenvolverase entre os días 22 e 31 de outubro. O prazo para a recepción de obras a concurso abrirase o 24. Os organizadores contarán de novo co apoio do Concello e da Deputación de Pontevedra.

Este evento ofrecerá unha ampla selección de longametraxes e curtametraxes do xénero fantástico de todo o mundo. Como cada ano, o Festival contará coa presenza de thrillers que, tal e como afirman os seus promotores, "deixarante sen alento", do mesmo xeito que "embriagadores soños de ciencia ficción e terror de alto impacto", xunto ás propostas máis imaxinativas e innovadoras da fantasía.

REFERENCIA. Curtas é festival de cine fantástico de referencia en Galicia e os seus organizadores esperan que volva celebrarse no seu formato orixinal, coa presenza de actores, promotores e público que son a esencia do evento.

Tomando todas as medidas e axustándose ás recomendacións indicadas, ademais de ter en conta a situación sanitaria do momento, Curtas quere apostar por volver á normalidade.

A banda deseñada, a literatura e outras formas de expresión artística formarán parte unha vez máis dunha programación. Unha vez aberto o prazo para a recepción de obras, poderanse consultar as bases da participación a través da páxina web oficial.

Comentarios