lunes. 23.09.2019 |
El tiempo
lunes. 23.09.2019
El tiempo

A Garda Civil realiza unha inspección nocturna no Náutico de San Vicente

Catro patrullas da Garda Civil participaron no dispositivo. DP
Catro patrullas da Garda Civil participaron no dispositivo. DP
Na intervención, que incluíu a outros dous locais de hostalería da zona, detectáronse "diferentes infraccións administrativas"

A Garda Civil realizou na madrugada deste sábado unha inspección nocturna en tres negocios de hostalería do Grove, entre eles, o Náutico de San Vicente do Mar. A entrada dos axentes pillou por sorpresa á clientela deste último local, situado fronte á praia da Barrosa. Decenas de persoas preparábanse para escoitar o concerto que á unha da madrugada ían dar Rubén Pozo e Lichis cando a Benemérita entrou pola porta. Pasaban 35 minutos das doce.

Responsables do instituto armado confirmaron a Diario de Pontevedra que o operativo enmárcase dentro dos controis periódicos que se realizan en puntos de gran afluencia de xente. O dispositivo, no que participaron catro patrullas da Garda Civil, pechouse coa detección de diferentes "infraccións administrativas". Polo momento descoñécese o alcance das mesmas e a que locais afectan.

O propietario do Náutico asegura que estas revisións son "habituais" e non afectan á actividade do seu negocio

O propietario do Náutico, Miguel da Cierva, explicou onte a este xornal que estas revisións son "habituais" e que a súa posta en marcha non afectou á actividade do seu negocio. A súa programación musical continuará con normalidade, tal e como confirmou o dono do que está considerado como "o refuxio dos músicos".

CONTROLES EN POIO

O do Grove non foi o único operativo de seguridade que a Benemérita levou a cabo este fin de semana na comarca. O venres pasado, Poio foi obxecto dun amplo control en distintas rotondas do municipio, que desde o pasado día 21 de agosto celebra a Festa do Mar e desde o 23 o Armadiña Rock, un festival que colapsou Combarro.

A Garda Civil realiza unha inspección nocturna no Náutico de San...
Comentarios