Unha persoa foi trasladada este venres en estado grave logo de sufrir un atropelo na rotonda do porto de Vilagarcía de Arousa. Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 11.00 horas o servizo de urxencias foi alertado polo 061 de que unha persoa fora alcanzada por un vehículo na rotonda do porto.
Por iso, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informouse á Policía Local e aos Bombeiros, así como a Protección Civil da localidade.
Segundo a información facilitada ao 112 polos membros do Servizo Municipal de Urxencias de Vilagarcía, a vítima foi trasladada grave ao Hospital do Salnés.