O Grove rexistra un pequeno terremoto de 1,8 de magnitude

Tamén en Baralla tremeu a terra este mércores pola mañá

Terremoto en O Grove. DP
photo_camera Terremoto no Grove. DP

Un novo tremor de terra afectou este mércores pola mañá á comarca do Salnés. En concreto, o terremoto tivo lugar no municipio do Grove ás 7.57 da mañá, segundo a información divulgada na súa web polo Instituto Xeográfico Nacional. A magnitude do sismo situouse en 1,8. Con estes valores, xeralmente non son perceptibles para a poboación. Dous días antes o mesmo concello xa vivira outro microterremoto.

Non foi o único movemento sísmico rexistrado nas últimas horas na comunidade. O organismo informa tamén doutro tremor que se produciu no concello de nbsp;Baralla,&na montaña lucense, ás 11.13 horas, neste caso de nbsp;2,2&de magnitude.

Comentarios