As garderías municipais de Sanxenxo serán gratuítas para o segundo fillo

Un total de 54 familias benefícianse desta medida aprobada cos votos do PP, PSOE e SAL
El alcalde y los concejales durante su visita al CEIP de Portonovo. CEDIDA
photo_camera El alcalde y los concejales durante su visita al CEIP de Portonovo. CEDIDA

O Concello de Sanxenxo implantará no comezo do próximo curso a gratuidade para o segundo fillo nas garderías municipais. O Pleno extraordinario celebrado na mañá do martes deu luz verde á modificación da ordenanza fiscal que permitirá acollerse ao plan posto en marcha pola Xunta de Galicia, contando cos votos a favor do PP, PSOE e SAL.

Unha medida que beneficiará a 54 familias das 97 que realizaron este ano a reserva de matrícula nas escolas infantís do Tombo e O Revel.

A aplicación desta axuda na conciliación familiar obriga aos concellos que queiran adherirse a igualar as taxas das garderías ás que pertencen á rede autonómica. E é precisamente ese, un dos puntos que non cumpre o Concello de Sanxenxo, que mantivo durante os últimos anos conxeladas as taxas das garderías.

A modificación da ordenanza fiscal supón 9,26 euros de subida na xornada completa, que queda en 169,26 euros, e 4,63 euros de incremento en media xornada, chegando ata os 84,36 euros. Ambas son as taxas máximas do servizo que se aplican ás familias coas rendas máis altas.

A gratuidade desta segunda matrícula non suporá ningún prexuízo nas arcas municipais xa que o importe da taxa será devolto integramente pola Xunta de Galicia

BENEFICIOS. A medida, explica a concelleira de Educación, Paz Lago, "é un primeiro paso para a gratuidade no primeiro ciclo de Educación Infantil e do que se van beneficiar cincuenta e catro familias do municipio. Hai que ter en conta ademáis que son moi poucas as familias que pagan a cota completa".

A gratuidade desta segunda matrícula, sempre que o primoxénito sexa menor de idade (18 anos) como marca a medida da administración autonómica, non suporá ningún prexuízo nas arcas municipais xa que o importe da taxa será devolto integramente pola Xunta de Galicia.

Neste punto incidiu este martes Paz Lago, concelleira de Educación durante o Pleno. "Esta medida vai supoñer unha axuda nestes momentos para as familias de Sanxenxo con nenos. E en canto as arcas municipais, vos cartos desta segunda matriculación serán recuperados a través do Plan Concertado de Servizos"Sociais , explicou.

Comentarios