Gundián imponse na cata Albariño 2019

O conselleiro de Medio Rural en funcións reafirma en Cambados o compromiso da Xunta co sector vinícola a través de medidas como o 'préstamo vendima', dotado con ata 60 millóns

RAFA 12.00 horas. vinos ganadores de la Cata Concurso Rias Baixas.Salon Bazan del Parador del Albarino (Camados)
photo_camera Os viños gañadores da cata. RAFA FARIÑA

Os tres premiados da XXXII Cata Concurso Rías Baixas Albariño da Anada 2019 déronse a coñecer este domingo en Salón Bazán do Parador do Albariño (Cambados). A Medalla de Ouro recaeu en Gundián (Adegas Valdes), a Medalla de Prata en Noelia Bebelia (Adega San Salvador de Soutomaior) e a Medalla de Bronce foi para Pionero Macerato (Cooperativa Viña Almirante). 

Esta edición da cata concurso, á que se presentaron 46 marcas, estivo marcada pola diversidade, coa representación de tres subzonas diferentes do D.O. Rías Baixas no pódium dos mellores Albariños Rías Baixas da Anada 2019. O gañador foi un viño da subzona de Ribeira do Ulla, o segundo procede da subzona de Soutomaior que por primeira vez conta cunha marca entre os galardoados nesta Cata Concurso, e o terceiro recaeu na subzona do Salnés

Tanto o presidente do CRDO Rías Baixas, Juan Gil de Araujo; como a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e o conselleiro do Medio Rural, José González, felicitaron os premiados e resaltaron o esforzo realizado polo Consello Regulador por manter estes actos centrais e tradicionais da LXVIII Albariño Rías Baixas 2020

Nunha edición "moi rifada e competitiva" da Cata Concurso, o presidente do Consello Regulador quixo "enviar unha mensaxe de ánimo ao sector de Rías Baixas. O bo traballo realizado durante tantos anos sérvenos de apoio para seguir adiante. E cando todo isto pase, o noso reto será ordenar o crecemento ao que nos vai a levar a alta demanda dos nosos viños. Sen dúbida, xa o verán, ímolos sorprender moi pronto". Tamén subliñou que "estes premios son a representación do bo traballo que se está facendo no D.O. Rías Baixas". 

"O bo traballo realizado durante tantos anos sérvenos de apoio para seguir adiante", asegura o presidente do Consello Regulador

Precisamente a esta mensaxe de ánimo quíxose sumar tamén o conselleiro de Medio Rural en funcións, quen trasladou "sen ningunha dúbida o apoio da Xunta de Galicia ao sector do viño, que é primordial non sector primario galego". Un apoio ao viño galego con medidas específicas.

"Habilitaremos un préstamo vendima para que as adegas poidan comprar a uva aos viticultores en condicións financieiras normais", explicou o conselleiro en funcións, quen tamén destacou "o plan de promoción específico para produtos galegos de calidade con especial atención aos viños galegos e seguiremos traballando na extratexia de dinamización das comarcas vitícolas para colocar o viño nun papel central nas súas comarcas". 

O préstamo vendima está dotado con ata 60.000 euros. É un instrumento financeiro deseñado de forma conxunta polas consellerías de Economía e Medio Rural. Terá unhas condicións moi vantaxosas no que se refire ao custo financeiro e ao prazo de devolución, coa posibilidade de ter un período de carencia de 1 ano e unha amortización de ata 4 anos. 

Finalmente, a alcaldesa de Cambados resaltou "a boa colaboración e coordinación que houbo entre o Consello Regulador e o Concello de Cambados", de feito, ambas as institucións xa asinaran previamente un convenio de colaboración. Un grande esforzo e traballo se temos en conta que "o Consello tivo que ir adaptándose sobre a marcha ás normativas e recomendacións sanitarias", aclarou Fátima Abal. 

A notaria de Cambados, María Elena Loira, actuou como fedataria e deu a coñecer os viños que resultaron premiados, durante un acto no que tamén participaron o secretario do Consello Regulador e da propia Cata Concurso, Ramón Huidobro, e o secretario do Capítulo Serenísimo do Albariño, Pedro Piñeiro.

Comentarios