lunes. 28.09.2020 |
El tiempo
lunes. 28.09.2020
El tiempo

Un home sofre decenas de picaduras de velutinas mentres traballaba nunha leira de Vilagarcía

Servizos sanitarios no lugar. DP
Servizos sanitarios no lugar. DP
O afectado foi trasladado ao Hospital do Salnés con prognóstico reservado

Un home resultou ferido na tarde deste martes ao recibir varias decenas de picaduras de velutinas mentres traballaba nunha leira de Vilagarcía.

Ao redor das 18.00 horas, Urxencias Vilagarcía recibiu o aviso do suceso, posteriormente acudiron ao momento e localizaron ao afectado. Ata alí tamén se desprazou unha ambulancia do 061 con médicos da PAC de Vilagarcía, que se fixeron cargo do paciente.

O ferido atopábase traballando nunha leira cun tractor cando se viu sorprendido polas avispas. O niño, xa eliminado, foi localizado a uns dez metros do tractor e presentaba danos probablemente causados polo vehículo.

Finalmente, o home foi trasladado con prognóstico reservado ao Hospital do Salnés. 

Un home sofre decenas de picaduras de velutinas mentres traballaba...