O Hotel Carlos I Silgar reabre as súas portas

Nun primeiro momento o establecemento traballará só as fins de semana. A partir do 28 de maio abrirá todos os días
undefined
photo_camera Hotel Carlos I Silgar. ADP

Tras case seis meses de obrigada parada, o emblemático Hotel Carlos I Silgar de Sanxenxo, retoma este venres a súa actividade. Logo dunha semana de intensos preparativos, a instalación loce novamente en todo o seu esplendor e o persoal do hotel espera ansioso o reencontro cos seus clientes que, ao longo de tantos anos encheron de vida as súas instalacións.

A principios do pasado ano o hotel acometeu unha reforma das súas zonas de cafetería, restauración e SPA que, dadas as circunstancias, non puideron ser gozadas por todos os clientes que habitualmente o visitan.

Desde este venres, e en palabras do seu director, Leonardo López, "esperando que sexa de forma definitiva" o hotel retoma a súa andaina "coa ilusión e o nerviosismo da novidade e a reestrea".

Ao longo do mes de maio a instalación estará operativa durante as fins de semana para quedar, definitivamente aberta, a partir do 28 de maio, no que se prevé sexa un verán de relativa volta á normalidade e aos niveis de ocupación habituais deste establecemento.

Comentarios