Identificado por unha estafa de 13.000 euros a un adegueiro do Salnés

O método empregado foi o de 'business email compromise'
photo_camera Un axente da Garda Civil. EP

A Garda Civil investiga a un home de 26 anos residente en Madrid como suposto autor dunha estafa electrónica na que logrou subtraer máis de 13.000 euros a unha empresa adegueira da comarca de O Salnés, informaron fontes do instituto armado.

A investigación partiu da denuncia o agosto do adegueiro, quen dixo ser vítima dunha suposta estafa na emisión dunha factura a outra empresa a través do correo electrónico e que nunca chegaría a materializarse.

Trátase do método coñecido como business email compromise, no que as conversacións mantidas por correo electrónico son espiadas e intervidas de xeito fraudulento.

Os autores da estafa, explica a Garda Civil, interveñen a correspondencia entre as dúas empresas con relación comercial e modifican a factura pendente de pago para que sexa abonada nunha das súas contas, cantidade que logo transfiren ao estranxeiro.

Neste caso e, aínda que o diñeiro xa fora transferido en parte, a Garda Civil puido identificar ao titular da conta en España na que se fixo o ingreso, un home residente en Madrid, que deberá comparecer no xulgado de garda de Cambados cando sexa citado. 

Comentarios