A Illa de Arousa avanza cara á meta da descarbonización grazas ás enerxías renovables

O traballo realizado pode consultarse na páxina arousaentransicion.gal
Imagen del concello insular. FERNANDO SALGADO
photo_camera Imaxe do concello insular. FERNANDO SALGADO

Na Illa de Arousa están a traballar para definir o rumbo cara ás enerxías renovables, e enmarcado no proxecto europeo Clean Energy for EU Islands, foi convocada polo Concello no ano 2019 a mesa participativa para encargarse da elaboración da Axenda Local 2030, un documento en que se figuran as metas, as medidas de aforro e xeración de enerxías e outras accións cuxo obxectivo é a descarbonización e mitigación dos efectos do cambio climático.

Estas propostas foron elaboradas en xornadas públicas organizadas por un equipo multidisciplinar de veciños procedentes de diferentes sectores da sociedade. A súa publicación foi realizada en outubro do ano 2020 e presentada no Concello e a Comisión Europea, durante o cuarto Forum do Clean Energy for EU Islands.

Nesta folla de ruta cara a unha Illa de Arousa sostible en 2030 figuran unha serie de deberes expostos pola veciñanza, que tamén subliña os numerosos puntos fortes deste territorio e as oportunidades que depara.

Para levar a cabo este proxecto, en 2020 articulouse a mesa a asociación sen ánimo de lucro Arousa en Transición, que entre os obxectivos impulsa figura a creación dunha comunidade enerxética de consumo na que a enerxía renovable sexa producida e consumida pola cidadanía, converténdose "en auténticos prosumidores e beneficiarios deste modelo cooperativo de consumo, cos conseguintes beneficios medio ambientais, económicos e sociais", subliña.

Arousa en Transición avanza un novo paso, lanzando a súa páxina web, na que expón os seus obxectivos e invita a persoas, entidades e institucións a crear unha plataforma local para buscar solucións á crise ecolóxica global.

Na dirección www.arousaentransición.gal pódese acceder ao documento da Axenda Local 2030 e coñecer como se desenvolveron as xornadas baseadas na participación veciñal, ver o vídeo da presentación na UE e contactar con este colectivo.

Comentarios