Illados os membros dunha familia do Grove polo positivo dunha menor

O Concello solicita ao Sergas que inicie o proceso de rastrexo dos contactos da contaxiada

 

Centro de Salud de O Grove. GSV
photo_camera Centro de Saúde do Grove. GSV

O municipio do Grove rexistrou un caso positivo de Covid-19 detectado nunha moza de 17 anos veciña e residente na localidade.

O Concello activou o protocolo de actuación ante o virus e xa solicitou ao Sergas que inicie o proceso de rastrexo dos contactos da menor, polo que de momento descoñécese o alcance do contaxio.

Segundo as primeiras informacións oficiais, xa se identificou aos membros da familia, que están illados no seu domicilio e non teñen síntomas, polo que, polo momento, trataríase dun caso illado.

Desde o goberno local apelan unha vez máis á "responsabilidade individual" e insisten "máis que nunca" no uso obrigatorio da máscara en todos os ámbitos e especialmente entre os máis novos, "xa que se está demostrando" que todos poden contaxiarse e que é "responsabilidade de todos e un acto solidario", tal e como afirmou o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos.

Así mesmo, o rexedor enviou unha mensaxe de calma, pois "é o único caso detectado ata agora" e tomáronse "todas as medidas necesarias", polo que pide normalidade e tranquilidade a toda a poboación local así como aos visitantes do municipio.

Comentarios