Incautan máis dun millón de euros en efectivo a un presunto narco en Vilagarcía

A operación saldouse con polo menos catro detidos e dous quilos de cocaína incautados
Dinero incautado. GUARDIA CIVIL
photo_camera Dinero incautado. DP

Unha operación conxunta do Grupo II da Udyco de Pontevedra e do Edoa da Garda Civil saldouse con polo menos catro persoas detidas, dous quilos de cocaína incautados e a aprehensión de preto de 1,5 millóns de euros en efectivo no rexistro dunha propiedade do presunto xefe do grupo, un mozo ata agora limpo de antecedentes por delitos contra a saúde pública.

Os arrestados, que pasan na mañá deste venres a disposición xudicial na capital arousá, terían capacidade, segundo fontes próximas á investigación, de fornecer de coca a clientes de distintas provincias. De feito, a caída do pase cos dous quilos produciuse nun coche que cruzaba cara a Asturias.