Un incendio nun taller de Sanxenxo causa danos materiais

O lume prendeu na mañá deste mércores no polígono de Nantes
Los bomberos trabajaron más de una hora en la extinción del fuego en Sanxenxo. CEDIDA
photo_camera Entrada ao polígono de Nantes. DP

Un incendio declarado nas primeiras horas da mañá deste mércores nun taller en Sanxenxo provocou danos materiais no seu interior. Afortunadamente, non houbo que lamentar ningún ferido.

Os feitos ocorreron no polígono de Nantes ao redor das 7.45 horas. Nese momento, os axentes da Garda Civil contactaron co 112 Galicia para olicitar medios de extinción para unha nave de reparacións.

Enseguida, desde o Centro Integrado de Atención ás Urxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros do Salnés e dos membros do GES de Sanxenxo.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron ao 112 que ardeu a zona destinada á pintura, o que incluía unha cabina e un vehículo que estaba almacenado no seu interior.

Convén sinalar que os xestores do 112 tamén informaron da situación aos axentes da Policía Local e ás autoridades ambientais da Xunta de Galicia.

Comentarios