Os incendios concentraron o maior número de intervencións en Sanxenxo

O grupo de Emerxencias pechou 2020 con 111 actuacións en lumes na súa área de influencia ► Do total de 432 intervencións de distinto tipo rexistráronse 47 menos que no ano anterior
Intervención de Emerxencias de Sanxenxo en un incendio en un edificio en un edificio del municipio en 2020. CEDIDA
photo_camera Intervención de Emerxencias de Sanxenxo nun incendio nun edificio do municipio en 2020.
O grupo de Emerxencias de Sanxenxo pechou o 2020 cun total de 111 intervencións en incendios na súa área de influencia, que supuxeron o maior tipo de actuación na que participou o servizo do total das 432 actuacións rexistradas. Neste sentido, o lume foi, precisamente, un dos motivos que provocaron que Emerxencias de Sanxenxo tivese que desprazarse ata en seis ocasións durante o pasado ano fóra do seu radio de actuación, que se concentra en Sanxenxo, Poio e Meaño. Emerxencias tivo que levar o seu equipo con motobomba ata Cerdedo-Cotobade en dúas ocasións, a Vilanova en tres e a Meis nunha ocasion, tras ser requirido por Medio Rural.

En canto ao tipo de intervención, no que destacaron os incendios, gran parte debeuse tamén a actuacións en situacións de riscos, ata un total de 99 casos en 2020. Os accidentes de tráfico provocaron a intervención do servizo en 44 ocasións, e tamén participaron en  25 rescates, entre outras actuacións. Do total de 432, rexistráronse 47 menos que en 2019. Neste sentido, as restricións de mobilidade reduciron a taxa de accidentes de tráfico, que normalmente encabezaban a listaxe de intervencións. Segundo reflexa o balance, da semana, os mércores e venres son os días nos que se rexistrou un maior número de incidencias, con 76 e 66, respectivamente.

O ano pasado, Emerxencias rexistrou a maior taxa de intervención en riscos provocados polos temporais, nun inverno especialmente marcado pola choiva, cun total de 125 accións neste ámbito, seguidas das 102 intervencións en incendios, que este ano aumentaron a súa taxa.

ASISTENCIAS COVID. A pandemia obrigou a orientar o servizo á atención de persoas que necesitaron illamento, coa realización das compras de alimentación ou farmacia, retiradas de residuos, distribución de máscaras ou incluso a repartición de material educativo ás distintas familias durante o confinamento, unha circunstancia á que Emerxencias tivo que adaptarse en 2020, rexistrando un total de 1.169 asistencias deste tipo

GESPARQUE. Outra novidade no ámbito de Emerxencias de Sanxenxo en 2020 foi a posta en funcionamento da aplicación Gesparque, que recolle as necesidades e os parámetros cos que traballa un parque de bombeiros, como o inventario de material ou a elección da mellor ruta para acudir a unha urxencia.

Comentarios