Un infarto acaba coa vida dun mariscador en Vilagarcía

Ocorreu na Praia de Compostela 
Playa Compostela de Vilagarcía. DP
photo_camera Praia de Compostela de Vilagarcía. DP

Un veciño de Vilagarcía, duns 80 anos, faleceu ese xoves na Praia de Compostela tras sufrir unha parada cardiorrespiratoria. Logo de 35 minutos de reanimación, os sanitarios non foron capaces de salvarlle a vida.

Cando se produciu o suceso atopaba a uns cen metros da beira. Atopárono uns mariscadores, e trasladárono ata unhas rocas próximas. Despois chegaron os socorristas e membros de Protección Civil, que continuaron cos labores de reanimación. Tamén acudiu a Policía Local e o equipo do Centro de Saúde de San Roque e a ambulancia medicalizada.