Intoxicada unha muller por monóxido de carbono en Vilagarcía de Arousa

Unha estufa sen suficiente ventilación podería ter orixinado os gases

Unha muller resultou ferida en Vilagarcía tras intoxicarse con monóxido de carbono no interior dunha vivenda. O 112 explicou que os feitos ocorreron pouco antes das 17.00 horas e que a orixe do suceso pode estar na inhalación dos gases procedentes dunha estufa catalítica sen a suficiente ventilación

Precisamente, os bombeiros e o servizo local de Protección Civil comprobaron as altas concentracións de monóxido de carbono dentro da casa. Ao lugar desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os bombeiros e o servizo de Protección Civil.

A muller foi trasladada ao Hospital do Salnés

Comentarios