viernes. 10.07.2020 |
El tiempo
viernes. 10.07.2020
El tiempo

Intoxicadas tres persoas dunha familia polo gas dunha caldeira

Praia do Bao, na Illa de Arousa. DP
Praia do Bao, na Illa de Arousa. DP
As vítimas, da Illa, desprazáronse polos seus propios medios ata o Hospital do Salnés

Tres membros dunha familia sufriron síntomas de intoxicación por gas procedente dunha caldeira. O suceso rexistrouse durante a madrugada deste venres nun piso de A Illa de Arousa. Os feitos ocorreron sobre a 3.00 horas nun edificio situado na rúa de Ribeira do Chazo.

Nada máis decatarse do que estaba a suceder, os tres afectados desprazáronse polos seus propios medios ao Hospital do Salnés, e foron os profesionais sanitarios quen informaron ao 112 Galicia do sucedido. A familia reside nun edificio de tres plantas e cabía a posibilidade de que houbese máis acodes afectadas porque que todo o bloque abastécese do mesmo gas.

Por esta razón, o 112 avisou de inmediato aos Bombeiros do Salnés e aos axentes da Garda Civil e a Policía Local.

Do mesmo xeito, puxo en alerta ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e ao persoal da empresa subministradora do gas que abastece ao edificio.

Unha vez no punto, e tras realizar as correspondentes medicións no resto das vivendas, que deron negativas, os bombeiros confirmaron que ningún outro veciño había resultado afectado, polo que procederon a ventilar o edificio.

Os técnicos da empresa subministradora do gas encargáronse da revisión do funcionamento da caldeira, e manexan a hipótese de que a causa do suceso fose a súa combustión defectuosa.

Os tres afectados foron dados de alta no Hospital do Salnés e regresaron desde o centro sanitario de Vilagarcía ata o seu domicilio. Varios veciños comentaron, aliviados, que un suceso que puido ser unha traxedia quedou nun susto.

Intoxicadas tres persoas dunha familia polo gas dunha caldeira
comentarios