Investigan ao condutor dun bus escolar da Illa por tocamentos a varias nenas

Cinco familias denunciaron os episodios
Juzgados de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Xulgados de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Cinco nenas de 11 e 12 anos denunciaron sufrir abusos sexuais por parte dun home de 55 anos, condutor dun autobús escolar no municipio pontevedrés de A Illa de Arousa. 

Foron os pais destas cinco menores os que presentaron a denuncia contra esta persoa que, segundo confirman a Efe fontes da investigación, foi detido e posto en liberdade tras declarar na comisaría da Policía Nacional de Vilagarcía de Arousa.  O home deberá responder o xulgado como presunto autor dun delito de abusos sexuais. 

As denuncias presentadas contra el reflicten que as menores relataron diversos episodios de tocamentos por parte do condutor que, segundo contaron de xeito coincidente todas elas, aproveitaba as diversas paradas na ruta do transporte escolar para abusar das nenas. 

Nestas paradas, explicaron as menores aos seus pais, o condutor do vehículo escolar sentaba á beira delas e tocábaas de xeito inapropiado. 

Desde a Consellería de Educación avanzaron a Efe que se abriu un expediente informativo sobre estes feitos e que esta investigación inicial foi trasladada á Fiscalía. O condutor, sinalan desde o Goberno galego, foi apartado do servizo de xeito cautelar.