Investigan a un veciño do Grove que tiña unha plantación de marihuana

Atribúeselle un delito contra a saúde pública
Marihuana intervenida en O Grove. GUARDIA CIVIL
photo_camera Marihuana intervida no Grove. GARDA CIVIL

A Garda Civil procedeu á investigación penal dun veciño do Grove como presunto autor dun delito contra a saúde pública, na modalidade de cultivo e elaboración de drogas, ao que se lle incautaron sete plantas de marihuana. Segundo informou o instituto armado, trátase dun home de 54 anos con antecedentes policiais, que resultou ser o propietario do terreo onde se localizou a plantación. 

Por mor das investigacións realizadas polos efectivos do Posto da Garda Civil do Grove, tívose coñecemento dunha plantación de cannabis sativa nunha leira contigua a unha vivenda situada na barriada de Meloxo, do termo municipal do Grove.  Ao inspeccionar a leira, nun terreo próximo á vivenda, relatan as mesmas fontes, localizouse unha pequena plantación de marihuana con sete plantas en avanzado estado de desenvolvemento, con 5,700 quilos de cogollos. 

Con esta actuación, destaca a Benemérita, enmarcada dentro dos servizos que a Garda Civil de Pontevedra ten activados para a detección e erradicación de puntos de produción, venda e distribución de sustancias estupefacientes, "evitouse que as doses que se puidesen obter a raíz do cultivo das plantas de marihuana intervidas destináronse ao tráfico de drogas (menudeo)", incidiu. 

As dilixencias instruídas, xunto coas plantas intervidas, foron entregadas no Xulgado de Instrución de 1ª Instancia e Instrución número 4 de Cambados, onde deberá comparecer o investigado cando sexa requirido pola autoridade xudicial.

Comentarios