Tres mozos están confinados nunha vivenda turística de Meis tras un positivo

Son tres veciños de Madrid que se illaron voluntariamente tras o positivo dun deles
Un test en el Recinto Feiral. RAFA FARIÑA
photo_camera Un test no Recinto Feiral. RAFA FARIÑA

Tres mozos veciños de Madrid permanecen confinados nunha vivenda turística que alugaran en Meis, na provincia de Pontevedra, tras dar positivo un deles en coronavirus. 

Segundo explicou a Europa Press a alcaldesa da localidade, Marta Giráldez, os mozos confináronse de forma voluntaria despois de que un deles dese positivo nunha proba PCR tras presentar posibles síntomas da Covid-19. 

Ante este feito, os seus dous compañeiros decidiron tamén gardar a corentena por precaución e puxéronse en contacto co Concello de Meis para solicitar que lle prestase axuda en cuestións como a adquisición de medicamentos. 

A alcaldesa, que destaca o comportamento "responsable" dos tres mozos, explicou que desde o Concello, ademais da axuda requirida, habilitóuselle nas inmediacións da vivenda un colector para que non depositen o seu lixo no mesmo que o resto dos veciños.

Comentarios