Larsa nega que exista un brote de covid na súa planta de Vilagarcía

A empresa non ten constancia de que se vaia a testar aos empregados
Una enfermera hace un test rápido a un hombre para ver si es portador del coronavirus, este lunes en el centro de salud de San Andrés, Murcia. Los sanitarios de este centro han comenzado a realizar los 200 test de inmunidad que prevén llevar a cabo esta semana a posibles casos positivos por COVID-19. EFE/Marcial Guillén
photo_camera Test rápido de covid. EFE

Corporación Alimentaria Peñasanta (Capsa), grupo de empresas ao que pertence Larsa, negou este martes a existencia dun brote de coronavirus na factoría láctea de Vilagarcía de Arousa, tal e como apuntaban fontes sanitarias. 

Segundo informou Capsa a Europa Press, nas últimas semanas detectáronse dous casos de traballadores da factoría arousá de Larsa que deron positivo en covid-19. "Un deles incluso xa recibiu o alta médica e está a piques de reincorporarse ao traballo, polo que non se pode falar dun brote", sinalan. 

Así mesmo, a empresa atribúe o caso dun terceiro contaxio, do que este luns se facía eco o Sergas, "a un traballador que deu positivo hai varias semanas e que xa está totalmente recuperado". 

Ademais, Capsa asegura non ter constancia de que estea previsto facer test PCR a todos os traballadores do persoal de Larsa en Vilagarcía. Segundo informa a empresa, realizáronse dez test aos contactos directos dos dous traballadores afectados e todos eles deron resultados negativo. 

Desde a firma lácte afirman que a fábrica de Larsa de Vilagarcía opera con total normalidade, extremando os protocolos de seguridade, desinfección e hixiene para evitar calquera posibilidade contaxio, tanto interno como chegado desde o exterior. 

Comentarios