O Instituto Galego de Formación en Acuicultura, de A Illa de Arousa, acolle desde este xoves ao lobo mariño Leis para a súa recuperación. Foi atopado o día 5 no areal de Leis, en Muxía.
O persoal fíxolle un seguimento, e vendo que non volvía ao mar e presentaba unha ferida, foi recollido para a súa rehabilitación. Pesa 22 quilos, mide un metro e presentaba un cadro de anemia e laceracións, atribuídas ao ataque dun can, probablemente
Leis permanecerá varias semanas nunha piscina e será embarcado para soltalo en alta mar. A manutención e a atención corresponden á Cemma, que conta coa axuda do alumnado e do persoal do centro, dependente da Consellería de Mar.