Unha mancha fai ondear a bandeira vermella nas praias da Concha e Compostela 

A aparición dunha mancha que o Concello vincula coa fermentación natural dunha alga levou a prohibir temporalmente o baño

Playa de Compostela. TVG
photo_camera Playa de Compostela. TVG

A bandeira vermella ondea desde a tarde deste venres nas praias da Concha e Compostela de Vilagarcía. O motivo é a aparición dunha mancha de cor entre amarelo e pardo. O Concello sinala que todo apunta a que se trata dun proceso natural de fermentación dunha alga debido ás elevadas temperaturas das últimas xornadas, e argumenta que adoptou a medida de prohibir temporalmente o baño por precaución 

O punto onde foi localizada é O Ramal. A zona afectada era moi reducida e foi acoutada coa finalidade de evitar que os bañistas accedan a ela, pero foise desprazando, e por iso é polo que a medida afecte aos dous areais.

Comentarios