Manuel Charlín saca un pau do maleteiro e empréndea a golpes contra unha xornalista

O patriarca emprendeuna contra unha xornalista e un cámara de Telecinco que querían entrevistalo na súa casa de Vilanova

Charlín
photo_camera Charlín

O patriarca do clan dos Charlines, Manuel Charlín Gama, tratou de agredir a unha reporteira e a un cámara que se atopaban ante a súa casa de Vilanova de Arousa.

Un equipo de El programa de Ana Rosa trasladouse ata o seu domicilio coa intención de entrevistalo ao coñecerse que o narcotraficante pedira unha indemnización de 4.000 euros polas desfeitas que supostamente causou a Policía cando irrompeu na súa casa nunha operación o pasado mes de agosto.

Foi entón cando o patriarca do clan abriu o maleteiro do seu coche, colleu un pau e se dirixiu cara á reporteira e o cámara, ao que chegou a golpear.

Fai clic na imaxe para ver o vídeo completo

Charlín 4<>

Comentarios