Mar destinará 300.000 euros para ampliar o dique flotante do porto de Xufre

Unha nova obra no porto de Xufre provoca que se destinen máis de 300.000 ao municipio da Illa de Arousa

A Consellería do Mar ampliará o dique flotante do porto de Xufre, no municipio de A Illa de Arousa (Pontevedra) para mellorar o abrigo dos pantaláns. Esta actuación, en trámites de licitación, contará cun investimento de máis de 300.000 euros

O dique flotante conta actualmente con 240 metros e ampliarase en 60 ata alcanzar os 300 metros. Para iso colocaranse dous novos módulos de 20x5 metros tanto no cara sur como no norte. 

Este venres, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou o peirao, onde supervisou a finalización das obras para as 128 novas prazas de amarre para embarcacións mexilloeiras. 

A dotación de novas prazas de mexilloeiros complementa a realizada en 2017 para a creación de máis de 300 prazas de amarre para embarcacións pesqueiras, que contou cun investimento de máis de 700.000 euros

Comentarios