As mariscadoras volven á ría de Arousa con incerteza

Saen ao mar con topes baixos por persoa para non saturar un mercado que non saben como reaccionará
Mariscadoras en Illa de Arousa.LAVANDEIRA JR (Efe)
photo_camera Mariscadoras en Illa de Arousa.LAVANDEIRA JR (Efe)

O sector marisqueiro da ría de Arousa retomou a actividade tras o parón provocado pola crise do covid-19.

As mariscadoras de Vilanova, A Illa, Cambados e O Grove volveron a faenar ás praias mantendo as distancias de seguridade e utilizando as máscaras para evitar contagios.

Volven ao traballo con incerteza, xa que recuperar a actividade é unha necesidade para moitas familias cuxas economías aguantaban con dificultade, pero non saben como se vai a comportar o mercado co seu produto nestes momentos, segundo representantes do sector consultados por Efe.

Durante as dúas primeiras xornadas, as mariscadoras das confrarías do Salnés saíron ao mar con topes baixos de marisco, entre 2 e 4 quilos por persoa, para non saturar o mercado e comprobar como irán as vendas durante a semana.

A maior parte de marisco que sae a poxa nas lonxas é ameixa japónica a un prezo que rolda os nove euros o quilo.

Tendo en conta a limitación do mercado, as confrarías asociadas a strong <>Rañeiros Ría de Arousa decidiron comezar a desescalada este luns con rotacións entre os sectores a pé e á boia.

Tras as dúas primeiras xornadas de marisqueo a pé, está previsto que o mércores e o xoves salgan a faenar os rañeiros do sector de á boia.

Con todos os datos recollidos durante a semana, os patróns maiores volveranse a reunir este venres para analizar a situación e planificar o traballo de face ao próximo mes de maio.

Comentarios