O Sergas informou este sábado do falecemento dunha muller ingresada con coronavirus no Hospital do Salnés, co que se elevan a 185 as mortes rexistradas desde o inicio da pandemia no área sanitaria de Pontevedra.
A falecida tiña 92 anos e, atendendo á información da Consellería de Sanidade, tiña patoloxías previas.
A súa morte súmase ás dúas comunicadas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra o venres, unha xornada na que tamén se coñeceu un óbito no da Coruña.
Desde o inicio da pandemia faleceron en Galicia 2.461 persoas ás que se lles diagnosticou coronavirus.