Unha muller resulta ferida por unha pedra que cruzou a Autovía do Salnés

A condutora ía soa e foi traslada ao Hospital do Salnés onde se atopa fóra de perigo
El frontal del vehículo quedó destrozado. CEDIDA
photo_camera O frontal do vehículo quedou esnaquizado. CEDIDA

Hai circunstancias nas que aqueles que cren que estamos predestinados atopan un argumento para apontoar as súas conviccións. O martes produciuse un suceso en Meaño que podería servir para abonar esa teoría: unha pedra cruza a Autovía do Salnés e esnaquiza un vehículo.

A condutora, e única ocupante resultou ferida, pero posiblemente fose moito máis intenso o sobresalto. Foi trasladada nunha ambulancia medicalizada ao Hospital do Salnés e a súa vida non corre perigo.

O accidente rexistrouse cando pasaban once minutos das 15 horas. Dous vehículos, un camión e unha furgoneta, circulaban en dirección a Sanxenxo. A furgoneta, que ía detrás, embistió ao camión e, como consecuencia do impacto, os condutores dun e outro perden o control. Ambos acaban chocando contra a medianeira de cemento.

A colisión e a freada deron lugar a que por efecto da inercia se desprazase a carga que levaba, e non era outra que pedras.

Varias acabaron no asfalto, pero unha cruzou o muro e internouse no outro carril, polo que circulaba unha muller ao volante dun Toyota que nada puido facer por evitar o impacto. O condutor do camión sufriu feridas de pronóstico leve, e o da furgonesa saíu ileso.

Protección Civil de Cambados, o Servizo de Emerxencias Municipal de Sanxenxo, os Bombeiros do Salnés e a Garda Civil de Tráfico participaron no operativo, ademais dos efectivos que se ocupan do mantemento das estradas.

Comentarios