Unha veciña de Coirón sofre graves feridas nunha perna tras un accidente de tractor

Un aparatoso accidente en Ribadumia saldouse sen feridos
El tractor implicado en el accidente. EMERXENCIAS CAMBADOS
photo_camera El tractor implicado en el accidente. EMERXENCIAS CAMBADOS

O tractor co que sufriu un accidente unha veciña de Coirón. EMERXENCIAS CAMBADOSUnha muller de 50 anos, veciña de Coirón, sufriu este sábado un accidente de tractor que lle provocou feridas graves nunha perna. O sinistro agrícola produciuse no lugar de Quintáns, en Castrelo, municipio de Cambados,

Ata o lugar desprazáronse efectivos do Servizo de Emerxencias e colaboraron Garda Civil, Policía Local e Bombeiros do Salnés. Unha ambulancia medicalizada do 061 foi a encargada de evacuar á muller, con iniciais A.M.P.C., e que podería sufrir a amputación da súa perna dereita. 

ACCIDENTE APARATOSO. Por outra banda, este sábado rexistrouse outro accidente en Ribadumia, esta vez cun coche implicado. Ocorreu na recta da Parcelaria, na EP-9591. 

Por fortuna, non houbo que lamentar feridos. Ademais do servizo de urxencias de Cambados interviñeron a Garda Civil de Trafico e Protección Civil de Ribadumia.

O coche que sufriu o accidente en Cambados. EMERXENCIAS CAMBADOS