A música tolea ao Festival Armadiña

Centos de amantes do rock reuníronse para asistir á primeira noite de actuacións

Actuación de Sés en una edición anterior del festival Armadiña Rock. CHRISTIAN FERNÁNDEZ
photo_camera Actuación de Sés no festival Armadiña Rock. CHRISTIAN FERNÁNDEZ

Interior ArmadiñaA Praza da Chousa foi testemuña o venres da gran actuación de The Lákazans, Sés, La Pegatina e Skandalo GZ. O primeiro día do festival Armadiña reuniu por centos de amantes da música rock, que gozaron das letras dos artistas.

O entregado público acompañou á cantautora Sés en todas as súas cancións, pero sen dúbida o punto álxido da súa actuación foi cando interpretou a súa canción máis coñecida Tempestades de sal. De igual modo fíxoo co grupo The Lákazans, que compartiu escenario con Sés na edición celebrada en 2016 e uniuse de novo a ela na noite do venres.Interior Armadiña 2

Pero, tras a resaca musical, o Armadiña volve á carga durante a xornada do sábado con novos grupos e novos temas. A música comezará a soar ás 13.00 horas, da man de Noite fechada. Seguiranlle as actuacións de Dudecán, Almánimal, A Banda da Loba e Sonoro Maxín.

Ás 23.00 horas comezará a tocar Amparanoia, outro dos pratos fortes que ofrece o festival, mentres que Banda Xangai, Terbutalina e Zënzar serán os encargados de marcar o ritmo da noite na Praza da Chousa.

Interior exposiciónsEXPOSICIÓNS. Ademais, a Asociación Cultural Armadiña quixo homenaxear ás músicas galegas na súa décima edición do festival mediante unha exposición de ilustracións que estará dispoñible ata o domingo no Fogar da Armadiña.

Interior Armadiña 3

Outra iniciativa é o III Concurso de Balcóns, que se celebra no recinto histórico e deixa unha estampa do pobo aínda máis pintoresca do habitual. O domingo, ás 13.15 horas na Praza da Rualeira, anunciarase o gañador.

Doutra banda, Combarro segue cos seus festexos, nos que a carpa gastronómica segue acollendo a unha cantidade inxente de comensais que gozan da gastronomía da ría.

Comentarios