Obrigan a unha nai lactante de Vilanova a presentarse nunha mesa o 28-A

A xunta electoral rexeitou os recursos de Elvira Otero, que presentou incluso informes médicos

Una madre da de mamar a su bebé. ADP
photo_camera Bebé. EP

Elvira Otero, unha nai lactante de Vilanova de Arousa, terá que presentarse obrigatoriamente a unha mesa electoral o vindeiro domingo a pesar de presentar un recurso con informes médicos que a xunta electoral rexeitou.

A nai recibiu o pasado venres a notificación para presentarse na mesa electoral que lle corresponde como suplente do presidente da mesa, segundo detallaron a Efe fontes do Concello de Vilanova.

Ante a posibilidade de ter que quedar toda a xornada se o titular non acode, decidiu presentar un recurso con informes médicos nos que figura que se trata dunha nai lactante dunha nena de once meses de idade e que non podía estar separada dela tantas horas.

O recurso foi rexeitado pola xunta electoral "por non acreditar situación referida con documentación obxectiva", segundo se recolle na notificación recibida pola afectada, á que obriga a que acuda á mesa electoral ou que presente un novo recurso pola vía contencioso-administrativa.

Elvira Otero xa avanzou que se ten que permanecer na mesa electoral levará á súa nena e daralle peito alí. 

Comentarios