A oficina de Correos de Sanxenxo acaba de obter un segundo posto na liga Nacional de Excelencia de Correos, o que se traduce nunha distinción como a segunda mellor oficina postal de España na súa categoría.
Nas instalacións de Sanxenxo, situadas o número 13 da rúa Progreso, traballan a diario catro empregadas: Maria del Puy Mendez como directora, xunto a Carmen, Rosa e Melania.
Correos felicitou ás traballadoras polo seu "empeño en prestar un servizo de calidade para todos os cidadáns", ao abrigo dun premio que ten como obxectivo identificar as unidades excelentes e recoñecer ao seu persoal.