viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

Pechado un polígono de bateas de Portonovo pola marea vermella

Bateas na ría de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Bateas na ría de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Un terzo das bateas galegas están pechadas pola toxina lipofílica

Un novo polígono de bateas pechou este sábado á extracción debido á aparición de toxina lipofílica (diarreica), neste caso en Portonovo. 

Así o decretou o Instituto Tecnolóxico para oControl do Medio Mariño (Intecmar). Deste xeito, un terzo das bateas galegas atópanse clausuradas por un episodio de marea vermella, xa que 19 das 54 existentes non están operativas. 

De tal forma, atópanse pechados por completo os polígonos das rías de Pontevedra, Muros e Noia, Ares-Betanzos, así como Baiona. Tamén parte da de Vigo. En cambio, a de Arousa está totalmente operativa. 

No tocante ao marisqueo, están inoperativas as dúas zonas de Ares-Betanzos desde o 23 de agosto, as de Corcubión-Fisterra (desde o 28 de agosto), así como dous de Muros-Noia (desde o 28 de agosto). Tamén unha zona en Vigo que leva sen poder usarse desde 2015. 

Pechado un polígono de bateas de Portonovo pola marea vermella
Comentarios