A Sección Segunda da Audiencia pontevedresa acaba de dar por boa unha sentenza elaborada polo Xulgado de Instrución 4 de Cambados que condenou a un individuo a unha pena de dous meses de multa cunha cota de catro euros ao día, indemnizacións aparte, por strong agredir a un home que acompañaba á súa exparella na praia de Silgar (Sanxenxo).
Os feitos producíronse sobre as catro da madrugada do 24 de xuño de 2018, cando o agora condenado se presentou no lugar no que estaba a súa exparella e o seu acompañante e, dirixíndose a este último, díxolle "de que vas", antes de propinarlle unha puñada na cara, no lado esquerdo, segundo detalla a sentenza.
"Nun momento no que estaban tombados apareceron dúas ou tres persoas para darlle patadas", engade o ditame, que explica que a vítima dos sucedido se desprazou a un centro sanitario para ser atendido das súas lesións, constando que tiña "hematoma infraorbitario esquerdo con tumefacción a nivel malar, erosións e contusións leves que non precisan sutura, tres liñas de erosións dixitais nas costas e equimosis dorsal na cara interna do brazo esquerdo".
Por todo iso, o condenado deberá indemnizarlle con 350 euros. Deberá pagar ao Sergas, ademais, a cantidade que sexa necesaria para a súa atención médica.