jueves. 22.04.2021 |
El tiempo
jueves. 22.04.2021
El tiempo

Persecución en Vilargarcía dun home que conducía sen carné e drogado

Un vehículo de Policía. ARCHIVO
Un vehículo de Policía. ARCHIVO
O condutor chegou a acadar os 100 quilómetros por hora en camiños e rúas moi estreitos

Axentes da Policía Local detiveron este mércores a D.B.G., natural de Vilagarcía e de 41 anos de idade, despois dunha longa persecución por rúas e camiños de Rubiáns. O individuo tiña retirado o carné de conducir e no test sobre consumo de estupefacientes deu positivo.

Os feitos producíronse arredor das 13.35 horas, cando unha patrulla da Policía Local detectou a presenza dun vehículo Ford Focus de cor vermello que xa coñecían, como ao seu condutor, por outras actuacións anteriores. Como aos axentes lles constaba que D.B.G. tiña nese momento o carné de conducir retirado, deron a volta na súa ruta para tentar detelo.

Cando o individuo se deu conta da presenza policial, intentou escapar. Iniciouse unha persecución na que o condutor do Ford Focus chegou a acadar os 100 quilómetros por hora en camiños e rúas moi estreitos, poñendo en perigo a viandantes e condutores. Finalmente os axentes atopáronse co coche sinistrado

Persecución en Vilargarcía dun home que conducía sen carné e drogado
ç