Unha persoa resulta ferida nunha colisión por alcance en Vilanova

Un coche quedou calcinado en Vilagarcía por un lume iniciado no motor
Coche quemado en Vilagarcía. CEDIDA
photo_camera Coche queimado en Vilagarcía. CEDIDA

Unha persoa ferida de prognóstico leve e danos en dous vehículos é o balance dun accidente rexistrado este mércores na Pantrigueira, en Vilanova de Arousa. A colisión produciuse á altura duns semáforos.

Outra incidencia relacionada co tráfico foi a protagonizada por un vehículo que ardeu en Pedra Mogueira (Vilagarcía). O lume comezou no motor e o vehículo quedou calcinado. Non se produciron feridos.

Non sucedeu o mesmo nun choque no que se viron implicados tres coches en Meis, a última hora do día 17, e dúas persoas tiveron que ser atendidas ao sufrir mazaduras.