jueves. 19.09.2019 |
El tiempo
jueves. 19.09.2019
El tiempo

Dúas persoas resultan feridas nunha colisión entre tres vehículos

O suceso tivo como escenario un tramo que se atopa en obras. CEDIDA
O suceso tivo como escenario un tramo que se atopa en obras. CEDIDA
O accidente produciuse en Vilanova e as dúas vítimas foron trasladadas en ambulancia ata o Hospital do Salnés

Dúas persoas feridas e danos en tres vehículos son as consecuencias dun accidente de tráfico rexistrado este xoves. O estado das vítimas era leve, segundo indicou un membro da agrupación de Protección Civil da localidade, e ambas foron trasladadas en ambulancias ata o Hospital do Salnés. O suceso tivo lugar na PO-549 (Pontevedra-Cambados), á altura da parroquia de San Miguel de Deiro, nun tramo onde están a ser realizadas obras de mellora da mobilidade.

Para regular o tráfico, a empresa que realiza este labor ten instalados uns semáforos provisionais, e foi nun deles, situado no límite dos municipios de Vilanova e Cambados, onde se produciu unha colisión por alcance, como consecuencia do descoido dunha condutora, sinala Protección Civil.

Un Mercedes desencadeou o accidente, ao chocar contra a parte traseira de in Peugeot 2005 que, á súa vez, e por efecto do impacto, encaixouse contra un Smart.

Os dous primeiros vehículos resultaron moi danados e as persoas feridas foron as condutoras, e únicas ocupantes, do Smart e do Peugeot 205.

Ao tratarse dunha vía na que se rexistra habitualmente un tráfico intenso, no operativo de urxencias participaron as agrupacións de Protección Civil de Vilanova e de Cambados, ademais da Garda Civil, o persoal sanitario, as ambulancias e os encargados de limpar a vía.

Dúas persoas resultan feridas nunha colisión entre tres vehículos
Comentarios