Cinco persoas resultan feridas de prognóstico leve en Vilagarcía

O accidente produciuse cunha colisión no rotonda da N-640 na rotonda de Fontecarmoa
Hospital do Salnés. ARCHIVO
photo_camera Hospital do Salnés. ARCHIVO

Cinco persoas feridas, todas elas de prognóstico leve, e danos de diversa consideración nos tres vehículos implicados son as consecuencias dun accidente de tráfico rexistrado durante a mañá deste mércores no municipio de Vilagarcía.

O suceso produciuse na estrada N-640, á altura da rotonda situada no barrio de Fontecarmoa, ao redor das 11.40 horas, e entre as vítimas do mesmo figuran dous nenos.

Todos eles foron trasladados ao Hospital do Salnés en ambulancias do 061 e do Servizo Municipal de Emerxencias. No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico.