Domingo. 18.11.2018 |
El tiempo
Domingo. 18.11.2018
El tiempo

Polémica polas obras no Centro de Saúde de Baltar

Aspecto que presenta unha das salas do ambulatorio sanxenxino. CEDIDA
Aspecto que presenta unha das salas do ambulatorio sanxenxino. CEDIDA

Somos En Marea Sanxenxo asegura que os traballos de ampliación o que en realidade provocan é que "os espazos estean a minguar"

As obras de acondicionamento que a Consellería de Sanidade está a acometer no Centro de Saúde de Baltar non convencen ao colectivo Somos En Marea Sanxenxo. Segundo sinalan os seus responsables, estes traballos, lonxe de servir para ampliar e mellorar as instalacións, o que están a provocar é "que estean a minguar os espazos".

Neste sentido, a agrupación local denuncia que o pasado xoves "atopámonos na sala de espera de Pediatría coa redución da mesma, para habilitar unha consulta e unha sala de enfermería a maiores. O espazo que queda na zona na que se agarda polas consultas reducir a unha corredoira sen luz natural, pois os novos habitáculos tapan todas as fiestras". Aquí non acaban as críticas de "Somos", que engade que "a zona de xogos desapareceu, ao igual co baño infantil. Polo que se deduce, tal e como ven facendo na zona de Urxencias, a sala de espera será común para cativos e maiores, así como os escusados, ou que representa unha importante diminución na calidade de atención ao usuario".

Un dos principais temores de En Marea é que este tipo de actuacións teña un obxectivo destinado a centralizar "os servizos, deixando a ambulatorios como o de Meaño, Ribadumia ou A Illa de Arousa sen pediatras, para incorporalos a estas novas consultas". Neste sentido, o colectivo ten moi claro que a actuación que está a levar a cabo a Xunta de Galicia "non resolve unha das demandas dos veciños e veciñas, que era dispoñer dun pediatra en horario de tarde ou de urxencias non centro, pois os tres especialistas pasarán as consultas de mañá".

Somos En Marea Sanxenxo finaliza dicindo que "esta xestión non é a adecuada".

Polémica polas obras no Centro de Saúde de Baltar
Comentarios