A Policía Local do Grove incidirá tamén nos areais menores

2020072413314614961
photo_camera Control policial no Grove esta semana. CONCELLO

O Concello do Grove vén de intensificar os controis policiais, extendéndoos a todas as praias do municipio, tamén as menos concurridas, para garantir a seguridade de xeito total. Así, a Policía Local xa realizou diferentes controis durante a tarde do martes, nos que as patrullas locais estiveron nos areais do Burato da Londra, As Pipas e Sexeiliños, así como na praia canina do Espiño. En todos os casos, a Policía realizou funcións informativas e agradeceu o respecto das normas por parte das persoas usuarias das praias.

O Goberno local asegurou que a intención é que veciños e veciñas se sintan "tranquilos" e desenvolvan actividades con certa normalidade, pero sempre priorizando a seguridade e a hixiene e buscando evitar "posibles contaxios ou infeccións".

Ante esta situación, a Policía Local do Grove está realizando continúas revisións e controis que buscan comprobar que se están cumprindo as indicacións sanitarias, especialmente no relativo ao emprego da máscara e ao mantemento da distancia.

Comentarios