A Policía Nacional detén a un mozo cun quilo de heroína en Barrantes

O arrestado, orixinario de Moraña, ingresou na prisión da Lama

La heroína incautada en Barrantes. PN
photo_camera Heroína incautada pola Policía nunha operación anterior. DP

Axentes do Grupo Operativo de Tráfico Medio de Estupefacientes detiveron a un mozo cun quilo de heroína na localidade de Barrantes (Ribadumia). Os axentes da Comisaría Provincial de Pontevedra interceptaron ao presunto narco, orixinario de Mouraña, tras unha laboriosa investigación que contou co apoio doutras unidades policiais.

O xulgado de instrucción de Cambados xa decretou o seu ingreso provisional no centro penal da Lama, dada a gravidade dos feitos. Coas sustancias incautadas podrían prepararse, después de ser adulteradas, unhas 10.000 doses de cabalo.