lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

O polígono de Nantes dá a benvida ao novo modelo eficiente de Mercadona

undefined
Interior das instalacións do novo establecemento de Mercadona en Nantes, este luns. DP
Os 38 traballadores do establecemento de Quinteiro, que cerrou as súas portas, trasladáronse ao novo

O xigante Mercadona desembarcou este luns de forma oficial no parque empresarial de Nantes, despois de que o pasado mes de setembro o Goberno local aprobase a licenza para os traballos de construción da nave, que conta cunha superficie de sala de vendas de 1.775,35 metros cadrados e un investimento de 6,4 millóns de euros. Nas obras participaron ao longo destes meses un total de 87 provedores que xeraron emprego a 420 persoas durante esta fase.

O novo supermercado abriu as súas portas tras o peche definitivo do que estaba situado no centro do municipio, na Rúa dos Quinteiro, o pasado día 29. A totalidade do persoal do anterior establecemento, 38 traballadores, trasladáronse ao novo centro, sen que isto supuxese contratacións adicionais, que xa se levaron a cabo no antigo supermercado, tal e como explicaron desde a compañía a este medio.

O xigante alimentario apostou polo polígono de Nantes, que se atopa en auxe nestes momentos e no que recentemente se anunciou a futura instalación de sete novas empresas, como un bazar ou unha gasolineira, baixo o novo modelo de Tenda Eficiente da compañía, o que supón melloras tanto a nivel servizos como estruturais.

O supermercado de Nantes incorpora a sección ‘Listo para Comer', con máis de 30 pratos distintos, entre outras novidades

Neste sentido, conta cunha nova entrada con dobre acristalado para evitar correntes, corredores máis amplos, un novo modelo de carro da compra ergonómico e lixeiro, novas cores e materiais, e múltiples medidas para evitar o sobreesforzo aos traballadores, ademais de melloras nas zonas comúns. A nova tenda tamén dispón de melloras tecnolóxicas e bota a andar con novas medidas que permiten aforrar ata un 40% en consumo enerxético, tal e como destacan desde a compañía.

NOVOS SERVIZOS. O Mercadona de Nantes incorpora novidades en todas as súas seccións, como unha charcutería con xamón ao corte e envasado, unha góndola para a cosmética especializada, servizo de zume de laranxa recentemente espremido, especialidades de sushi, unha nova sección de forno con rebanadora de pan e pastelería refrixerada, ou unha nova exposición na pescadería para os produtos de cuncha. Nesta tenda tamén se incorpora a nova sección Listo para Comer, con 35 pratos distintos que se serven en envases sostibles.

O supermercado dispón de 185 prazas de aparcadoiro e funciona en horario de luns a sábado, de 09.00 a 21.30 horas, con acceso desde a vía rápida, á entrada do municipio.

O polígono de Nantes dá a benvida ao novo modelo eficiente de...
comentarios
ç