Portonovo amplía a súa oferta deportiva coa nova sede de piragüismo

Os traballos de construción dunha pista de skate están en marcha e complementarán o equipamento na zona de Baltar
photo_camera A fachada está cuberta de madeira para amortecer o impacto visual.

A nova sede do club de piragüismo de Portonovo é unha realidade. Antes de iniciar a obra foi necesario trasplantar a vexetación dunar e desmontar os aseos da praia e a caseta na que se almacenaba o material.

As obras do edificio comezaron coa cimentación, a instalación das vigas verticais e o hormigonado do chan. Posteriormente fixéronse os cerramentos laterais e superiores, a instalación eléctrica, a rede de saneamento e auga, o sistema de ventilación e os aseos. Finalmente, foi revestido o exterior cunha celosía de listóns de madeira para mellorar a súa integración na contorna.

O edificio ten unha superficie de 294 metros cadrados e está formado por dúas naves de 23,50 de longo por 12,50 de ancho, e unha altura máxima de 4,90. O investimento ascendeu a 216.019 euros.

As naves teñen dúas portas de 1,60 metros para as embarcacións e o mesmo número, de 0.90, para os deportistas. Conta cun almacén con capacidade para 104 embarcacións, 70 K-1, 28 K-2 e seis K-4, ademais dun ximnasio, vestiarios aseos e un segundo almacén.

As obras do skate están valoradas en 163.223 euros e consisten en estruturas e pavimentos de formigón ao exterior, "que, loxicamente, víronse prexudicadas polas abundantes choivas dos últimos meses", expón o Concello de Sanxenxo.

O Goberno local sinala que "os mozos levaban moito tempo solicitando a construción deste equipamento", para o que a Administración local elixiu unha parcela de 1.839 metros cadrados na zona de Baltar, un lugar onde se concentran outras instalacións deportivas: a piscina, dous campos de fútbol, o pavillón e club de piragüismo.

Está a ser construída unha instalación para deportes de deslizamiento como unha seda distribuída en tres zonas: unha de skate e street; outra de parkour e unha rampla que as conecta mediante un rolling e unhas escaleiras.

Comentarios