A praia de Baltar volve ser apta para o baño tras os resultados da nova analítica

Playa de Baltar. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Praia de Baltar. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Novas análises confirmaron que a praia de Baltar xa non rexistra a contaminación microbiológica anunciada a principios de semana, polo que o Concello de Sanxenxo decidiu retirar o aviso de que non é recomendable para o baño.

Non sucede os mesmo cos areais de Cañeliñas, Panadeira e Nanín, que manteñen a recomendación de non introducirse nas súas augas despois do resultado das análises realizadas por Sanidade. A hipótese probable é que a contaminación se deba a un arrastre polas choivas, polo que pronto debe volver a normalidade a estas praias.

Comentarios