Os Premios Magnum do Viño galego trasládanse a Vilagarcía

A gala de entrega celebrarase o vindeiro domingo 25 de novembro, completando así a programación da Feira Independente do Viño 'Castes'

Unas 50 bodegas exportan sus vinos a Estados Unidos, principal mercado internacional para los caldos de Rías Baixas. ALBERTO VALDÉS (EFE)
photo_camera Unha copa de viño. ALBERTO VALDÉS (EFE)

O municipio de Vilagarcía de Arousa é o lugar elixido para a celebración da VIII Edición dos 'Premios Magnum do Viño Galego promovidos polo Insituto Galego do Viño.

A gala de entrega celebrarase o vindeiro domingo 25 de novembro, completando así a programación da Feira Independente do Viño 'Castes' que terá lugar na Praza de Abastos de Vilagarcía

Este evento, que reunirá aos máis importantes representantes do sector vitivinícola de Galicia, é un recoñecemento a traballadores e profesionais máis destacados do sector do viño este último ano. Tras sete edicións celebradas en Santiago de Compostela, como novidade este ano, trasládase a Vilagarcía de Arousa.

Ademais, nesta edición dos Premios Mágnum haberá oito categorias coa incorporación do novo galardón 'Mágnum ao Mellor Tratamento do Viño Galego fóra de Galicia'. Tamén se entregará o 'Magnum Honorífico' que se concede a unha destacada personalidade pola súa contribución ao viño galego

Comentarios