Prohiben bañarse nunha praia de Sanxenxo e outra está en avaliación

Na provincia de Pontevedra hai varias zonas nas que a calidade non é apta para o baño 
 
A Carabuxeira estrenará una pasarela sobre el regato para mejorar la accesibilidad. J. CERVERA/ARCHIVO
photo_camera Playa de A Carabuxeira. J. CERVERA/ARCHIVO

Se pensas en praias, pensas en Sanxenxo. O municipio acaba de repetir como o concello galego con máis bandeiras azuis. Ata 17 areais lucirán no verán o distintivo de calidade e seguridade. No entanto, hai dúas zonas de baño en Sanxenxo que poderían non cumprir os requisitos mínimos. 

O Rexistro de Augas de Baño de Galicia de 2024 informa de que se está avaliando o estado da praia da Carabuxeira para comprobar se é apta ou non para o baño. Por outra banda, prohibiuse o baño en Nanín

Na provincia de Pontevedra, ademais, están avaliación a área recreativa de Brocos, no encoro de Portodemouros, en Agolada e os rios Miño e Tamuxe en O Rosal. En canto á prohibición de baño que afecta Nanín, en Sanxenxo, dáse tamén en Río Deva-San Xoán, Río Miño-Estación e Río Miño Sela, en Arbo, e Río Ulla-Vilarello, en Valga.

Zonas de baño "excelentes" en Galicia

Segundo informa o Diario Oficial de Galicia, un informe realizado pola Dirección Xeral de Saúde Pública destaca que o 97% das augas de baño tiñan en Galicia en 2023 unha cualificación sanitaria "excelente ou boa".

Actualmente, a comunidade conta con 498 zonas nas que está permitido o baño. 

Comentarios