Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

A provincia de Pontevedra rexistra dous novos terremotos na noite do sábado e a madrugada do domingo

Terremotos rexistrados nas últimas 72 horas na provincia de Pontevedra. IGN
Terremotos rexistrados nas últimas 72 horas na provincia de Pontevedra. IGN

Os novos tremores sísmicos suceden despois de que este venres se rexistrasen ata oito terremotos na provincia

As localidades do Grove e de Sanxenxo, na provincia de Pontevedra, volveron a rexistrar entre a noite do sábado e a madrugada do domingo, dous novos tremores, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional, que se suman aos oito que se produciron entre o venres e o sábado.

Ningún dos dous tremores alcanzou, no entanto, os 3 graos na escala de Richter, de modo que por baixo deste valor só os perciben algunhas persoas e de forma moi débil. 

O primeiro deles rexistrouse no mar, próximo ao Grove, ás 22,17 horas do sábado, nunha profundidade de 12 quilómetros, cunha intensidade de 2,6. 

O seguinte, produciuse ás 00.10 horas, cun valor de 2,2 na escala Richter, en Sanxenxo, e a unha profundidade de 20 quilómetros. 
 

A provincia de Pontevedra rexistra dous novos terremotos na noite...
Comentarios